Unha suba de tensión na rede eléctrica ocasiona numerosas avarías en Vilaxoán
Unha suba de tensión na rede eléctrica ocasiona numerosas avarías en Vilaxoán
As consecuencias da sobretensión sufríronas veciños no ámbito doméstico e en establecementos públicos
O servizo eléctrico deulles este xoves un susto a algúns e alteroulles os plans desde as once a numerosos veciños de Vilaxoán. Desta volta foi por unha suba de tensión e moitos pensaron no cambio de localización do transformador como posible causa.
O fallo sentiuno especialmente quen vive conectado a unha aparello electrónico e, en xeral, quen precisaba botar man dalgún aparello dependente da rede eléctrica, empezando por establecementos públicos.
Varias persoas con negocios en Vilaxoán falan dos danos que lles ocasionou este episodio de sobretensión e as consecuencias que aínda sofren debido á avaría en electrodomésticos.
Moitos prexudicados xa informaron dos estragos á súa aseguradora, polo que en Vilaxoán hoxe é día de avaliación de danos por parte dos técnicos electricistas.
Juan, electricista, conta que hai numerosas incidencias, con moitos electrodomésticos queimados, aparellos electrónicos. Todo o electrónico está queimado, seguramente foi por unha suba de tensión. Non se sabe, pero é un defecto de Unión Fenosa, eles saberán o que pasou.
O pico de sobretensión pode ser demoledor para os aparellos eléctricos conectados, aínda que só sexa un instante.