Unha vaca de Taboada produce 90 litros de leite diarios
Unha vaca de Taboada produce 90 litros de leite diarios
O animal está na súa quinta lactación, o que o fai un caso único
Xenética e benestar animal son as claves desta alta produción
A anchura pouco habitual desta vaca xa denota que o seu corpo está perfectamente preparado para producir unha enorme cantidade de leite. Concretamente, 90 litros diarios nas últimas semanas. Descendente de touros selectos e vacas grandes produtoras, a súa nai tamén chegou a producir cifras similares. Pero non todo é xenética e o traballo dos gandeiros é esencial para acadar este volume de leite, especialmente en tres factores.
En SAT Seixas moxen tres veces ao día, algo que favorece que haxa numerosas vacas que superan amplamente os 70 litros. No caso de Juana estímase que podería superar facilmente os cen litros se a muxisen cinco veces. O que non se explican os gandeiros é que estes altos índices se dean nun animal que está no seu quinto parto e practicamente no remate da súa vida útil.
Tal é o cariño que os donos lle colleron a esta vaca única que non queren nin pensar en desfacerse dela cando deixe de dar leite.