Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha vertedura de xurros enfronta dous veciños do Corgo

Unha vertedura de xurros enfronta dous veciños do Corgo

As filtracións contaminaron o pozo de auga

A afectada leva tres anos pedindo solucións ás distintas administracións

G24.gal 26/01/2024 14:43

No concello do Corgo, hai unha veciña da parroquia de Marei, chamada Julia, que leva tres anos en pé de guerra contra o seu veciño. O motivo é un pendello pegado á súa leira onde hai entre dez e doce vacas vinte e catro horas ao día os 365 días do ano. Julia López sinala que os xurros fíltranse ao terreo e contaminan o seu pozo.

Todas as analíticas feitas indican que debido á cantidade de coliformes e de fecais, a auga do pozo non é potable. Ao non ter auga da traída ten que empregar garrafas de auga para beber, cociñar e ata asearse.

O Concello do Corgo decretou o 11 de febreiro do 2022 que o propietario das vacas tiña que legalizar o pendello, o problema é que segundo apunta Julia, o seu veciño non solucionou as deficiencias existentes. Asegura que a construción segue a ser ilegal, xa que non está acondicionada para a actividade gandeira e non cumpre cos retranqueos esixidos.

Pola súa parte, o veciño non quixo dar a súa versión dos feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade