V Festa da Enfariñada en Trabada con gastronomía e música
V Festa da Enfariñada en Trabada con gastronomía e música
Trabada enxalza un dos pratos máis tradicionais da gastronomía da Mariña Oriental
V edición da Festa da Enfariñada, en Trabada, un evento creado para enxalzar a grandeza dun prato humilde e tradicional que axudou a apartar a fame en moitas familias en tempos pasados.
O que comezou como unha proba para potenciar as visitas a Trabada baseándose nun prato típico desa zona da Mariña Oriental, está convertida nun reclamo de primeira orde ao que acoden centos de persoas cada ano.
O ano pasado servíronse 700 racións e ese é o baremo polo que se guían para organizar un festexo que en realidade pon en valor un alimento moi sinxelo que se facía desde centos de anos atrás pola súa sinxeleza: ovos, auga, leite e fariña.
A partir de aí, admite algunhas variacións, como o sal, pero tamén algúns engadidos: leite, mel, azucre ou torrreznos. Por esta última opción inclínanse na festa. Para servir a enfariñada elaboráronse unhas cuncas no taller de cerámica da asociación Saúde Mental A Mariña.