Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños do barrio vigués de Coia demandan solucións para poder aparcar na rúa en que residen

Veciños do barrio vigués de Coia demandan solucións para poder aparcar na rúa en que residen

Propoñen renunciar a parte das zonas verdes para poder crear aparcadoiros ou aproveitar espazos lindeiros en desuso

G24.gal 30/04/2024 13:17

Conseguir aparcar na rúa Caldas de Reis no barrio vigués de Coia converteuse, segundo os seus veciños, en toda unha odisea. Ata hai pouco podían facelo nas dúas marxes da vía pero o Concello prohibiu facelo nunha delas para que o paso dos vehículos de emerxencias se produza sen complicacións.

Os veciños comprenden a decisión pero din que hai que buscar alternativas xa que se ven na obriga de deixar os seus coches moi lonxe das súas vivendas ante a escaseza de prazas.

O edificio é antigo e non ten aparcadoiro soterrado, por iso o día a día faise para eles complicado. Propoñen renunciar a parte das zonas verdes para poder crear aparcadoiros ou aproveitar espazos en desuso que hai preto.

A situación agrávase porque a rúa Caldas de Reis non ten saída e dá acceso a un colexio. Nas horas punta hai menos prazas para poder aparcar e prodúcense moitos atascos. Os veciños piden ás administracións implicadas solucións que permitan a convivencia de todos os afectados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade