Publicador de contidos
Publicador de contidos

Víctor Méndez: "Os cárteles máis perigosos do mundo queren estar aquí"

Víctor Méndez: "Os cárteles máis perigosos do mundo queren estar aquí"

O director do Narcodiario considera "moi preocupante" que grupos colombianos e mexicanos produzan cocaína en Galicia

Pensa que o desmantelamento do laboratorio de Cotobade "marca un antes e un despois" na loita contra o narcotráfico

O centro de elaboración de pasta de cocaína, un dos máis grandes de Europa, pasou desapercibido entre a veciñanza

O laboratorio desmantelado en Cotobade
G24.gal 26/03/2023 11:57 Última actualización 26/03/2023 19:18

O desmantelamento do laboratorio de produción de cocaína localizado en Cotobade "vai marcar un antes e un despois" na loita contra o narcotráfico, segundo o xornalista especializado Víctor Méndez.

O director do Narcodiario considérao "moi preocupante" porque constata o establecemento en Galicia dos cárteles colombianos e mexicanos, que son bastante perigosos e violentos, para producir droga.

"Xa non somos un almacén de paso (...) É o sinal de que estamos nun momento complicado (...) A policía non agardaba topar un laboratorio con esta capacidade. Estamos a falar de centos de quilos de cocaína. Recibían a pasta base en colectores e aí facían os paquetes de cocaína. Isto non se vira nunca en Galicia (...) É a primeira vez que se fabrican aquí".

Nunha entrevista no informativo Bos Días, da TVG, asegura que esta operación "é un claro indicativo de que os cárteles máis perigosos do mundo" queren estar aquí.

De acordo co experto, os últimos alixos e os datos que manexan as forzas de seguridade confirman que está a entrar unha gran cantidade de cocaína.

"O prezo está moi baixo o que indica que hai moita mercadoría. De feito, vén clientela europea e a merca máis barata".

Víctor Méndez nun momento da entrevista

Subliña que o aumento da produción en Colombia fai que cada vez máis xente se meta no negocio, pero os medios para atallar o problema quedan escasos.

Lembra que os narcosubmarinos, por exemplo, non son detectables aquí, "pero si nos Estados Unidos", polo que reclama un equilibro de forzas para acadar unha certa igualdade na loita contra o narcotráfico.

O narcosubmarino localizado na ría de Arousa O narcosubmarino localizado na ría de Arousa
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade