Vilamartín de Valdeorras volve marcar a máxima de Galicia con 38,8 graos
Vilamartín de Valdeorras volve marcar a máxima de Galicia con 38,8 graos
En Lugo tiveron 37,7 graos en Ribas de Sil e 36,8 graos en Sarria
A Coruña e Pontevedra non pasaron dos 27 graos
A vaga de calor deixou este xoves temperaturas máximas por encima dos 38 graos en Galicia.
Segundo Meteogalicia, Ourense segue sendo a provincia na que máis sobe o termómetro, con 38,8 graos en Vilamartín de Valdeorras, aínda que a partir das 17:00 horas as temperaturas empezaron a baixar.
Tamén foi moita calor en Lugo, con 37,7 graos en Ribas de Sil e 36,8 graos en Sarria.
A Coruña e Pontevedra, en cambio, non pasaron dos 27 graos, pois o vento fixo diminuír as temperaturas.
Na noite do xoves ao venres entrará unha fronte polo noroeste que deixará algunha choiva débil.
Este venres só se manterá a alerta vermella en Ourense, onde haberá máximas de 31 graos.