Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vixilia con ofrenda floral no aniversario do asasinato de Samuel Luiz na Coruña

Vixilia con ofrenda floral no aniversario do asasinato de Samuel Luiz na Coruña

A asociación ALAS organizou o acto no lugar onde morría Samuel hai un ano

Os presentes reclamaron xustiza e reivindicaron os dereitos do colectivo LGTBI

Os supostos asasinos, máis preto de responder ante un xurado popular

G24.gal 02/07/2022 21:32 Última actualización 03/07/2022 08:42

Na Coruña non queren esquecer o asasinato de Samuel Luiz que se producía hai xusto un ano, un dos crimes máis violentos vividos na cidade.

Na súa memoria ducias de cidadáns reuníronse na avenida de Bos Aires, o lugar dos feitos, nunha vixilia convocada pola Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual (ALAS)

Foi un acto emotivo que comezou cunhas palabras improvisadas dos organizadores para pedirlles aos presentes que non se esqueza e para que a cidade "loite contra a LGTBI fobia".

Tamén se gardou un minuto de silencio, seguido da homenaxe musical que interpretou a saxofonista Sophie Simonds, artista habitual das rúas da Coruña.

A convocatoria rematou percorrendo o desgraciado camiño que seguiu Samuel Luiz aquel 2  xullo de 2021, cando era perseguido e golpeado polos seus agresores. Ata o lugar onde finou o mozo de 24 anos. Alí realizouse unha ofrenda floral para pechar o acto.

Xuízo pendente

Un ano despois da súa morte, aínda non hai data para xulgar os sete detidos acusados pola Policía Nacional.

Tres deles permanecen na cadea e dous en liberdade coa obriga de comparecer periodicamente no xulgado.

Os dous menores implicados xa aceptaron unha pena de tres anos e medio nun centro de internamento, logo de declarárense autores do delito de asasinato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade