Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un dos detidos na Coruña sería o autor material do acoitelamento da Noiteboa

Un dos detidos na Coruña sería o autor material do acoitelamento da Noiteboa

A operación policial segue aberta

O sábado haberá unha comida para redacar cartos cos que axudar a familia da vítima

G24.gal 29/12/2023 14:08

O acoitelamento mortal de Yoel Quispe xa ten sospeitosos. Dous mozos que xa foron trasladados ás dependencias da Policía Nacional en Lonzas. O seu interrogatorio e a declaración de posibles testemuñas que poidan achegar máis datos sobre o que ocorreu na madrugada de Noiteboa poderían dar lugar a novas detencións. 

"Seguimos confiando no labor da policía para que o antes posible poidamos coñecer que sucedeu e que as persoas responsables sexan postas a disposición xudicial", comenta María Rivas, subdelegada do Goberno na Coruña.

Un avance na investigación que para os familiares e amigos de Yoel supón un certo alivio, aínda que son tamén conscientes de que o camiño que agora teñen por diante vai ser longo.

"Agora é onde empeza a loita e onde nós tamén imos facer máis protestas para que isto non quede así. Imos seguir loitando ata as últimas consecuencias", engade un dos tíos de Yoel.

Saben que nesa loita non van estar sós. Máis de trescentas persoas xa confirmaron a súa participación nunha comida que mañá sábado se organizará neste local para recadar cartos cos que axudar a familia.

Ainvestigación, da que se encarga a Unidade de Delincuencia Organizada e Violenta, continúa aberta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade