Obxectivo: reforzar a seguridade viaria enriba dunha moto
Obxectivo: reforzar a seguridade viaria enriba dunha moto
Nos últimos catro anos morreron en Galicia 75 persoas que viaxaban en vehículos de dúas rodas
Antes de socorrer a vítima dun accidente debe asegurarse a protección propia e teren os coñecementos necesarios
Reforzar a seguridade viaria ao conducir unha moto é o obxectivo primordial das XI xornadas formativas que se celebraron este sábado en Outeiro de Rei, organizadas pola asociación Lóstregos Lucus.
Entre outros aspectos, falouse da importancia da seguridade pasiva, é dicir, da vestimenta. Tamén do sistema roadcraft, utilizado pola Policía inglesa, caracterizado por ser unha condución consciente.
Do mesmo xeito, ofreceuse información sobre as responsabilidades legais e morais nos accidentes sobre dúas rodas. En Galicia nos últimos catro anos morreron 75 persoas que viaxaban en moto.
Protocolo PAS
Para coñecer de preto o protocolo de actuación en caso de sinistro, axentes da Garda Civil e membros da Cruz Vermella amosaron nun simulacro todos os pasos que cómpre seguir. É o coñecido como protocolo PAS: protexer, alertar e socorrer.
Insistiron na importancia de socorrer só de teren os coñecementos necesarios. Segundo explicaron, tamén resulta esencial que a persoa auxiliadora estea protexida.
Ademais, subliñaron que a vítima non debe quedar soa e cómpre poñela de lado. Iso si, se está preñada, sempre do lado esquerdo.