Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xornada de atrasos e cancelacións en Santiago pola folga de Ryanair

Xornada de atrasos e cancelacións en Santiago pola folga de Ryanair

Un atraso na comunicación dos servizos mínimos por parte da empresa provocou que máis azafatas fosen hoxe á folga

Dez voos cancelados e 14 atrasados en España no inicio da segunda quenda de folga dos tripulantes

G24.gal 30/06/2022 13:17 Última actualización 30/06/2022 14:09

Non daban abasto esta mañá nos mostradores de Ryanair no aeroporto de Santiago, un dos dez onde opera a compañía irlandesa. A cuarta xornada de folga dos tripulantes de cabina deixou un rosario de atrasos e cancelacións que foron medrando polo efecto de acumulación.

Os sindicatos convocantes, USO e o Sitcpla, lamentan os trastornos e problemas que lles están a causar aos usuarios, pero explican que o único que pretenden é que a empresa Ryanair respecte a lexislación laboral española.

A cuarta xornada de folga dos tripulantes de cabina comezou con atrasos xa nos primeiros voos da mañá: o que chegaba de Sevilla, por exemplo. O voo cara a Madrid de primeira hora acumulaba xa tres horas de sucesivas dilacións, cando finalmente o cancelaron e nos mostradores amoreábanse os pasaxeiros para reclamar.

Sen acabar de atender aínda as reclamacións do voo a Madrid, chegaba unha segunda onda de pasaxeiros protestando pola cancelación doutro voo, a Mallorca. Un atraso na comunicacións dos servizos mínimos por parte da empresa provocou que máis azafatas fosen hoxe á folga.

"Non hai persoal para cubrilos e están traendo doutras bases e doutros países", comentou Bárbara Otero, azafata de USO.

Os sindicatos lembran que xa hai unha sentenza na Audiencia Nacional que condenou a Ryanair por non respectar os dereitos constitucionais dos traballadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade