Publicador de contidos
Publicador de contidos

Despois de 50 anos vixiando as estradas, xubílase o garda civil máis antigo de España

Despois de 50 anos vixiando as estradas, xubílase o garda civil máis antigo de España

Comezou a súa formación con só 16 anos e despois de dous anos fóra de Galicia, no 1979, conseguiu vir para a parroquia oleirense de Perillo e traballar no Grupo de Análise e Investigación de Tráfico

Cinco décadas que acumulan unha morea de lembranzas, non todas agradables

G24.gal 04/07/2022 14:04

Antonio é fillo e irmán de garda civil e desde ben cativo tivo claro que el tamén quería pertencer ao corpo e, máis concretamente, á especialidade de Tráfico.

Comezou a súa formación con só 16 anos e despois de dous anos fóra de Galicia, no 1979 conseguiu vir para a parroquia oleirense de Perillo e traballar no Grupo de Análise e Investigación de Tráfico.

Aquí estivo 43 dos seus 50 anos de traxectoria. Cinco décadas que acumulan unha morea de lembranzas, non todas agradables.

Coa súa xubilación, pecha unha etapa. Agora di que todo o seu tempo o vai dedicar á familia, aos amigos e ás súas afeccións. Pero ten claro que, malia que doutro xeito, seguirá sendo garda civil toda a súa vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade