Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xurado popular ditamina culpable o home acusado de esganar o seu irmán en Rábade

O xurado popular ditamina culpable o home acusado de esganar o seu irmán en Rábade

O acusado enfróntase a dez anos de prisión por un delito de homicidio coa agravante de parentesco e a atenuante de confesión

O xurado popular declarou por unanimidade a súa culpabilidade

G24.gal 17/11/2021 16:50

O xurado popular declarou por unanimidade que o acusado é culpable de homicidio, ao esganar o seu irmán discapacitado ata a morte, na localidade luguesa de Rábade.  

O xuízo desenvolveuse na Audiencia Provincial de Lugo e os feitos aconteceron en novembro de 2019 na casa onde convivían os dous irmáns. No seu escrito, a Fiscalía di que o acusado era consciente de que coa súa acción acabaría coa vida do seu irmán, apertoulle o pescozo ata que lle causou a morte. 

O acusado enfróntase a dez anos de prisión por un delito de homicidio coa agravante de parentesco e a atenuante de confesión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade