XXVI edición do Mes do Cocido de Lalín, ata o 14 de febreiro
XXVI edición do Mes do Cocido de Lalín, ata o 14 de febreiro
Os restaurantes xa comenzan a botar fume e os comendadores desta festa non paran de promover esta tradición alén das fronteiras de Galicia
Lalín xa está preparado para repartir cocidos a esgalla ata o vindeiro 14 de febreiro. Os restaurantes xa comenzan a botar fume e os comendadores desta festa non paran de promover esta tradición alén das fronteiras de Galicia.
A Festa do Cocido de Lalín ten lugar o domingo anterior ao Entroido, pero na capital do Deza dedícanlle un mes completo a este prato tradicional. Unha celebración que mesmo ten comendadores como Manolo Seixas, que veñen sendo os seus embaixadores desta festa e do propio manxar que homenaxea o porco.
Poucos quedarán sen saber en que consiste o cocido, pero por se hai algún despistado lembramos o que non pode faltar na mesa para un cocido tradicional.
Os máis de 20 restaurantes participantes servirán arredor de 5.000 cocidos ata o próximo 14 de febreiro. De seguro que o Mes do Cocido de Lalín traerá consigo moitas xuntanzas e festas para desfrutar do noso Entroido co bandullo cheo.