Publicador de contidos
Publicador de contidos

XXXI Festa do Melindre e da Repostería Tradicional en Melide: os 'ricos' gañan adeptos

XXXI Festa do Melindre e da Repostería Tradicional en Melide: os 'ricos' gañan adeptos

A alza das materias primas apenas vai repercutir este ano no prezo dos doces 

A festa serve de escaparate e de promoción dos produtos e da vila durante todo o ano

O rico é un doce de améndoa único que só se fai no concello de Melide
G24.gal 12/05/2023 21:17 Última actualización 12/05/2023 21:32

Os fornos das pastelerías de Melide levan unha semana sen parar, cocendo quilos e máis quilos de melindres, amendoados e ricos, os tres protagonistas da festa gastronómica desta terra doce.

Alberto Rodríguez, presidente da Asociación de reposteiros Melide Terra Doce cóntanos que os ricos gañan adeptos ano tras ano.

"O rico é o gran segredo de Melide, móveste dez km e desaparece tanto en sabor como en formato. De anos para aquí, vai gañando adeptos a puñados".

A receita remóntase, polo menos, ata o medievo e séguense a facer igual cos mesmos ingredientes ca daquela: azucre, ovos, améndoa, manteiga e fariña. Todo natural como confirma Alberto Rodríguez, á fronte do obradoiro da pastelería Estilo.

"Non hai conservantes, non hai aditivos nin mellorantes. Produtos moi humildes que saen das receitas das nosas avoas. O ano pasado gastamos 7.000 ovos só no noso obradoiro".

Canto aos prezos, tamén nos confirma que nesta edición número trinta e unha, a suba das materias primas apenas se vai notar no prezo final respecto ao do ano pasado. 

Con máis de quince mil visitantes antes da pandemia, a festa é un grande escaparate do que fan a dirario os reposteiros melidenses e promociónaos durante todo o ano, sobre todo, no Camiño de Santiago, di Alberto, a rúa máis grande de Europa.

A veciñanza de Melide xa ten ganas da festa e as vendas levan bo ritmo toda a semana.

Esta tarde xa estaba todo preparado na Praza e na rúa do Convento e no cantón de San Roque, para a apertada axenda da festa que comezará ás dez da mañá do sábado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar