Publicador de contidos
Publicador de contidos

Daniel Sancho ante os medios: "Son culpable, pero eu era o seu refén"

Daniel Sancho ante os medios: "Son culpable, pero eu era o seu refén"

Apareceu o caiac en que supostamente transportou partes despezadas da vítima para tiralas ao mar

O seu pai, o actor Rodolfo Sancho, pide que non se emitan "xuízos precipitados"

G24.gal 06/08/2023 21:01 Última actualización 06/08/2023 21:22

Daniel Sancho recoñeceu hoxe a autoría do crime do cirurxián colombiano Edwin Arrieta. En declaracións a Efe asegurou literalmente: "Son culpable, pero eu era o seu refén", e engadiu que o mantiña nunha gaiola de cristal.

En paralelo, a policía tailandesa continuaba hoxe coa reconstrución dos feitos, en que estivo presente, nunha das partes, o presunto culpable. Daniel Sancho, de 29 anos, explicou ante os medios que a vítima o obrigara a facer cousas que nunca faría, mesmo a abandonar a súa moza, e negou que mantivese unha relación sentimental con el. Sobre Edwin Arrieta explicou tamén que o enganou, xa que lle fixo crer que quería facer negocios con el e meter cartos na empresa da que é socio, pero que en realidade o que pretendía era convertelo no seu mozo.

Sancho recoñeceu que as autoridades tailandesas o estaban tratando ben e que ninguén lle pegou ou lle fixo dano. Sobre se se viu forzado a declararse culpable polos axentes, contestou que non se sentiu cómodo, pero tampouco forzado.

Os últimos datos sobre a investigación indican que apareceu o caiac, comprado previamente nunha praia, en que presuntamente transportou partes do corpo da vítima para tiralos ao mar. O pai de Daniel, o actor Rodolfo Sancho, emitiu un comunicado en que pide "respecto" para o seu fillo e que non se emitan xuízos precipitados. Tamén apela a que "non se lancen informacións que puideran interferir" na acción da xustiza. O actor viaxa a Tailandia na compaña dun avogado español experto neste tipo de procesos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade