Crean en Monforte a primeira fábrica galega dedicada exclusivamente ás galletas personalizadas
Crean en Monforte a primeira fábrica galega dedicada exclusivamente ás galletas personalizadas
Elaborados de xeito artesanal, os doces moldéanse e decóranse ao gusto do cliente
Están decoradas completamente segundo o gusto do cliente e tanto poden servir para conmemorar unha data especial como para repartir entre os convidados a unha festa.
Son as galletas personalizadas, un produto ata o momento pouco común pero que cada vez conta cunha maior demanda. Tanta, que unha emprendedora creou en Monforte a primeira empresa galega dedicada exclusivamente a elaborar este tipo de doces.
Mayra Lamas, xerente da empresa: "A cobertura coloréase con diferentes cores para conseguir personalizala completamente. Por exemplo, cunha galleta con forma de pomba para unha comuñón coa data correspondente. Coa cor, con fondo e co tipo de letra que decidan".
Estas galletas artesás de manteiga están dirixidas a todas as idades e contan con infinitas posibilidades para os seus deseños. Segundo relata a emprendedora do proxecto, decidiu apostar por estes doces debido ao seu éxito e á demanda crecente que estaban a ter.
Mayra Lamas, xerente da empresa: "Cando nos decatamos de que a galleta comezaba a coller xeito e de que lle gustaba á xente, fóisenos un pouco das mans. A xente quería que lle fixésemos as galletas como as facía eu na casa, e estaba disposta a pagar por elas".
En canto comece a funcionar o novo obradoiro monfortino, nas semanas vindeiras as galletas personalizadas serán comercializadas cun prezo de entre 2,50 e 7 euros a unidade.