Dous meses da desaparición no barco do CSIC da tripulante de Bueu

A familia denuncia falta de información e de apoio

G24.gal 30/10/2023 16:20

Vai facer dous meses da desaparición dunha veciña de Bueu que traballaba a bordo dun oceanográfico en augas de Gandía. A familia denuncia a falta de información e de apoio por parte das autoridades.

A familia está desesperada e reclama información dunha investigación que está perdida nun limbo xudicial.  Mesmo non poden presentarse na causa á espera de que o caso pase ao tribunal de Gandía. Desesperación da familia de Mari Carmen en Bueu, onde viven o viúvo e os seus tres fillos, menores de idade.

A busca agora limítase a dar aviso aos pesqueiros que traballan na zona por se atopan un corpo. Pensan que o CSIC, que ten medios para facer buscas submarinas e de todo tipo, pois se dedican a iso, pensan que podían facer algo máis para buscar ou para recuperar unha traballadora do propio CSIC.

Nas primeiras investigacións non se desbotou ningunha hipótese, dende que a muller se tirara pola borda, ou que tivera algún problema cos compañeiros. En 2019 denunciara un compañeiro por agresión sexual, o caso foi arquivado e supostamente coincidiu con el no buque antes de saír cara a Gandía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade