Falece un home de maneira repentina en Dumbría por picadas de velutinas

O irmán do implicado, que o acompañaba no monte de Figueroa, apunta que lle picaron unhas velutinas

G24.gal 24/11/2023 16:40

O 112 informou ás 13 horas deste venres do falecemento dun home no monte Figueroa en Dumbría (A Coruña). Segundo trasladou un familiar do implicado, que estaba presente no lugar dos feitos, ao seu irmán parecía picarlle algún insecto e, instantes despois, perdeu o coñecemento. Ademais, sinalou que estas picadas serían de velutinas.

Tras recibir o aviso, o 112 solicitou a participación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Dumbría.

Ao mesmo tempo, desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 comunicaban que estaban a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago. O persoal sanitario só puido confirmar o falecemento do home.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade