Afúndese o único carril dispoñible na OU-536, á altura da Carballeda
Afúndese o único carril dispoñible na OU-536, á altura da Carballeda
Trátase do único carril en uso debido ás obras que se están a realizar
O incidente afecta a 200 tráilers que pasan por esta vía a diario
Na madrugada deste venres, concretamente as 2:30 h, produciuse o afundimento do único carril dispoñible da OU-336, á altura da Carballeda (Ourense)
Tratábase do único carril aberto, polas obras da futura estrada de circunvalación do Barco, que resultaron afectadas polas choivas destes días.
Debido ao desprendemento da estrada, a Garda Civil manterá durante toda a fin de semana o tráfico cortado entre os quilómetros 41,400 e 47,500. Os vehículos desviaranse á localidade do Barco de Valdeorras, pola OU-0801 á altura da ITV.
Ademais, segundo confirma o xerente do Clúster da Lousa, a ruta habitual dun total de 2.000 traballadores do sector veríase afectada. Hoxe tiveron que dar un rodeo quilométrico. Utilizaban esa estrada para realizar o seu desprazamento ás empresas de Sobradelo e de Ponferrada.
Xa se está traballando nas tarefas de reparación.