O gasto medio estimado nas ceas de empresa este Nadal é de 60 euros

A fin de semana anterior á Noiteboa é a de máis reservas

G24.gal 09/12/2023 13:08 Última actualización 09/12/2023 13:43

O hábito de celebrar comidas ou ceas de Nadal entre compañeiros ou con amizades afiánzase.

"Case estamos completos de aquí ao 16 de xaneiro. O 31 quedan moi poucas prazas. Hai moito traballo", asegura Martín Pais, xerente e fundador do restaurante Orixe.

As reservas empezaron en outubro, para celebrar a partir da segunda quincena de novembro. Cun gasto medio estimado de 60 euros, a maior parte do sector hostaleiro agarda igualar ou mellorar os datos do ano pasado.

"O ano pasado, por exemplo, foron o 90 % os menús máis económicos e este ano, con todo, o 60 ou 70 % son os máis caros, tiran máis a marisco", explica.

Segue habendo problemas para atopar persoal.

"Creo que vai ser algo pasaxeiro ata que a hostalería se decate de que aos traballadores hai que telos contentos e darlles uns horarios dignos para que poidan ter vida familiar", considera.

Este mes de decembro, a facturación pode aumentar un 50 % respecto do mes de outubro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos