Polvoróns para o Nadal cen por cento galegos feitos con manteiga de porco celta
Polvoróns para o Nadal cen por cento galegos feitos con manteiga de porco celta
Son os Tomesiños, uns doces que toman o seu nome da parroquia taboadesa de San Tomé
Levan anos elaborando galletas artesanais e agora decidiron dar un paso máis lanzando ao mercado desde a Ribeira Sacra un polvorón cen por cen galego. Son os Tomesiños, uns doces que toman o seu nome da parroquia taboadesa de San Tomé, e que están a ter unha boa acollida.
Ademais da fariña e as améndoas, cal é o segredo destes doces do Nadal que compiten cos de máis sona de España? Pois a manteiga de porco celta, diferente da do ibérico.
Os Tomesiños están xa nas tendas, e as súas promotoras están satisfeitas cunhas cifras de mercado que agardan ir incrementando nos vindeiros anos. De feito xa recibiron chamadas doutras zonas de España para interesarse por estes polvoróns galegos.