Cargando resultados...
Preto do 70 % de menores galegos de 10 a 15 anos teñen teléfono móbil
Preto do 70 % de menores galegos de 10 a 15 anos teñen teléfono móbil
Durante o último ano accederon a un terminal 7.800 menores, 21 por día
G24.gal
10/12/2023 22:42
Última actualización 10/12/2023 23:10
Algo máis do 69 % dos menores galegos entre os 10 e os 15 anos teñen teléfono móbil, segundo os datos do INE. A porcentaxe é un chisco inferior á media estatal, pero implica que cada día vinte e un cativos nestas idades reciben o seu primeiro teléfono intelixente.
O salto a secundaria é o momento que escollen moitos pais para darlles un teléfono, que, polo demais, adoitan levar tempo demandando. Porén, cada vez máis cativos dispoñen de móbil xa na etapa de primaria. En Galicia 98.000 escolares de 10 a 15 anos teñen o seu propio teléfono.
A presión social utilízase con frecuencia para xustificar ese primeiro móbil a unha idade que os pais adoitan recoñecer como prematura.