Cargando resultados...
Prisión provisional sen fianza para os dous detidos polo crime de Arteixo
Prisión provisional sen fianza para os dous detidos polo crime de Arteixo
Pasan a disposición xudicial os detidos polo crime de Arteixo (EFE/Cabalar)
G24.gal
31/10/2023 21:41
A maxistrada do Xulgado de Instrución número 2 da Coruña decreta a prisión provisional, comunicada e sen fianza dos dous detidos polo crime de Arteixo, en que este domingo morreu un veciño tiroteado na rúa.
Os dous homes prestaron declaración na tarde deste martes durante varias horas. Os dous están acusados de homicidio. Todo apunta a que estaban presentes no tiroteo.
A súa declaración xudicial canda a autopsia, os cascos de bala e a versión de testemuñas vertebran a investigación da Garda Civil. Un posible intento de secuestro frustrado para cobrar unha débeda de drogas do irmán da vítima é a hipótese con máis forza.