Un veciño de Brión detido por posesión ilícita de armas que ofertaba por Internet

No seu domicilio atoparon rifles, munición, revólveres, frechas e botellas de CO2

G24.gal 18/11/2023 22:31

A Garda Civil detivo un veciño de Brión como presunto autor dun delito de tenza ilícita de armas. Comisáronlle rifles, munición, revólveres e frechas. 

A operación Arbrin comezou o ano pasado tras coñecerse que unha persona ofertaba armas a través de Internet.  Os investigadores lograron identificar o home e atopárono no interior dun coche no que había varias armas, para as que non tiña autorización administrativa, ademais de munición. Posteriormente no rexistro do domicilio do detido atoparon máis armamento e botellas de CO2. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade