Os pescadores de meixón quedaron sen a primeira lúa
Os pescadores de meixón quedaron sen a primeira lúa
Non puideron traballar en novembro no Miño pola enchente do río
A enchente do río Miño nos sus últimos quilómetros cara a desembocadura provocou que os pesacadores de meixón non puidesen saír a pescar na lúa de novembro. A enchente foi provocada tanto pola persistente choiva como pola apertura de comportas nos encoros de Frieira e os Peares, dependentes da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
Os pescadores quedaron sen un dos meses da mellor campaña, a do Nadal.
Están tamén moi molestos porque os días de captura reducíronse á metade; mentres en países como Francia se están a incrementar sen xustificación ningunha.
Queren que se preserve a vida no río, fonte de riqueza e que se fagan como en Suíza zonas de escalada para que os peixes podan circular libremente sen obstáculos. E tamén desexan que se controlen máis a actividade dos encoros, das depuradoras e dos dragados.
Estes pescadores só poden saír entre cuarto minguante e cuarto crecente de noite; a próxima lúa será a principios de Nadal.