Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vinte e sete cociñeiros súmanse ás Estrelas Solidarias no Camiño

Vinte e sete cociñeiros súmanse ás Estrelas Solidarias no Camiño

Vinte e sete cociñeiros que suman 69 estrelas Michelin participarán nun novo evento das Estrelas Solidarias o próximo 1 de agosto

O recadado neste encontro gastronómico irá para Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple 

G24.gal 05/07/2022 14:01

O próximo 1 de agosto Negreira vai ser un ano máis punto de encontro dos mellores chefs do país. Sesenta e nove estrelas Michelin van participar nesta cita que xa se está a converter nun clásico estival: as Estrelas Solidarias do Camiño. Esta mañá foi a presentación do evento, que, por suposto, non perde a súa esencia solidaria. Desta volta, o recadado será para a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple.

Petiscos de pataca nova de Coristanco. Preparounos Manuel Costiña, un dos 27 cociñeiros con estrela Michelin que vai participar no evento Estrelas Solidarias no Camiño que dende o 2014 organiza o restaurante Casa Barqueiro en Negreira.

E a causa este ano é axudar a asociación de esclerose múltiple de Santiago. Para eles será todo o recadado nesta comida solidaria.

Para os cociñeiros, estarán en Negreira algúns dos mellores de Galicia e de España, entre todos suman 69 estrelas Michelin. Din que este evento é unha forma de demostrar o seu compromiso coa sociedade.

A cita será o próximo 1 de agosto e as entradas para participar nela xa están á venda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade