Publicador de contidos
Publicador de contidos

A conexión entre Madrid e Galicia nos trens Avlo estréase con atrasos de máis de dúas horas

A conexión entre Madrid e Galicia nos trens Avlo estréase con atrasos de máis de dúas horas

Unha incidencia nun pantógrafo dun tren en Madrid-Chamartín provocou atrasos nos trens de alta velocidade e outros problemas noutros convois colapsaron a estación

G24.gal 23/07/2024 09:58 Última actualización 23/07/2024 15:48

A conexión entre Madrid e Galicia nos trens de alta velocidade de baixo custo comezou este luns con bastantes atrasos. Máis de dúas horas e media tarde chegaban os pasaxeiros ás paradas de Ourense, Santiago e A Coruña. 

Primeiro día dos trens de alta velocidade e baixo custo Madrid-Galicia e primeira xornada de incidencias. Á última hora da tarde, os viaxeiros chegaban a Ourense con máis de dúas horas de atraso. 

Colapso en Madrid-Chamartín

A información facilitada por Adif aludía a unha incidencia nun pantógrafo dun tren en Madrid-Chamartín, que rexistrou atrasos nos trens de alta velocidade. Á primeira hora da mañá deste martes deron por solucionado o atranco. Pero houbo outros problemas noutros trens que colapsaron a estación.

Os trens de baixo custo de Renfe teñen dúas frecuencias diarias, unha de ida e outra de volta, alternando as cidades de saída: uns días da semana dende A Coruña e outros dende Vigo. O primeiro de Galicia saíu dende a estación de Urzáiz e tivo un atraso de 15 minutos por unha incidencia en Santiago. De primeiras, o aumento das prazas é ben acollido entre os usuarios. 

Renfe lanzou unha oferta de billetes de Avlo a sete euros ata o 30 de setembro, pero xa é practicamente imposible atopalos a este prezo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade