Publicador de contidos
Publicador de contidos

A enchente do Ebro chega á cidade de Zaragoza, con 200 veciños desaloxados

A enchente do Ebro chega á cidade de Zaragoza, con 200 veciños desaloxados

O caudal supera os 2.000 metros cúbicos por segundo cunha altura entre 5 e 6 metros

Navarra calcula que unas 12.000 hectáreas de cultivo quedaron desfeitas

Pedro Sánchez volve confirmar a declaración de zona catastrófica

G24.gal 14/12/2021 20:16

A enchente do Ebro chegou á cidade de Zaragoza cun caudal que supera os 2.000 metros cúbicos por segundo e cunha altura entre 5 e 6 metros. Uns 200 veciños foron desaloxados na capital aragonesa como medida de seguridade.

En Navarra as primeiras valoracións falan dunhas 12.000 hectáreas de cultivos afectadas, pero cómpre agardar ata que a agua abandone os campos para ver a magnitude real do desastre.

A localidade aragonesa de Pina de Ebro tivo que pechar algunhas estradas, e dende alí reclaman máis actuacións de prevención.

A alcaldesa de Pina de Ebro, Mercedes Abós, considera que "a Confederación Hidrográfica fixo certas intervencións pero non son suficientes, hai que limpar máis o leito do río"

O alcalde de Quinto, Jesús Morales, asegurou que "non é sostible que cada tres anos a economía dunha comarca enteira se vexa lastrada deste xeito"

Novos desaloxos por seguridade 

Medio cento de veciños da localidade de Novillas foron desaloxados, mentres outras áreas da ribeira baixa seguen pendentes da evolución das inundacións desta histórica e devastadora enchente do Ebro.

Pedro Sánchez visita as zonas afectadas

O presidente do Goberno visitou Aragón, Navarra e A Rioxa para achegarse ás localidades máis afectadas e volveu confirmar a declaración de zona catastrófica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade