Publicador de contidos
Publicador de contidos

Analizan a carrozaría do bus de Cerdedo, o tacógrafo e datos do ABS e GPS

Analizan a carrozaría do bus de Cerdedo, o tacógrafo e datos do ABS e GPS

Axentes especializados inspeccionaron o vehículo no almacén da empresa en Pontevedra

Está previsto tomarlle declaración aos sobreviventes o xoves ou o venres

Na reconstrución do accidente fixéronse probas de freado e usáronse lásers e drons 

Recuperar o autobús dunha peza foi clave para poder recompilar datos
G24.gal 28/12/2022 20:32 Última actualización 28/12/2022 21:36

Os axentes especializados en reconstrucións de accidentes da Garda Civil (ERAT) estiveron recompilando datos sobre o sinistro de Cerdedo-Cotobade. Pola mañá, no lugar do sinistro; pola tarde, na nave da empresa onde permanece o autobús.

Alí analizaron a carrozaría, o tacógrafo, o sistema de freado ABS e a información do GPS. Todos estos datos van ser claves para determinar as causas do accidente porque esclarecerán cuestións relativas á velocidade á que ía o autobús ou ás condicións do freado.

Os axentes sacaron fotografías no interior do autobús Os axentes sacaron fotografías no interior do autobús

Declaración dos sobreviventes

A investigación avanza paso a paso. Unha vez feitas as probas no lugar do accidente e analizado o autobús, queda tomarlle declaración aos dous sobreviventes: o condutor, Carlos Monzón, e unha pasaxeira de 49 anos veciña de Ponteareas, María del Rosario González Rocha. Está previsto que o fagan o xoves ou o venres. O seu relato será tamén básico para coñecer as causas do accidente.

Os axentes empregaron drones e láseres para reproducir en tres dimensións a estrada e o viaducto Os axentes empregaron drones e láseres para reproducir en tres dimensións a estrada e o viaducto

Catro horas recollendo datos na estrada

A reconstrución do accidente na ponte de Pedre empezou cunhas condicións meteorolóxicas semellantes ás da Noiteboa. A chuvia volveu orixinar unha bolsa de auga no lugar en que se precipitou o autobús. A proba de freado feita por unha furgoneta non puido ser máis realista. "O que buscamos é simular as pegadas da freada, medir o tempo e a distancia de freada. E ver a súa capacidade de drenaxe tamén", comenta Roberto Prado, do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra.

Os axentes traballaron no lugar do accidente durante catro horas. Empregaron un láser tridimensional e un dron para reproducir a estrada e o viaducto en tres dimensións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade