Publicador de contidos
Publicador de contidos

A muller do falecido no crime de Samos identifica o detido como autor

A muller do falecido no crime de Samos identifica o detido como autor

Declarou este martes no xulgado de Sarria que instrúe o caso

G24.gal 05/09/2023 20:33 Última actualización 05/09/2023 20:37

No coñecido como crime de Samos, un mes despois do suceso, declarou no xulgado de Sarria a muller da vítima. E identificou o detido como autor do acoitelamento que acabou coa vida do seu marido, de 82 anos.

Tamén o sinalou como culpable das feridas que ela mesma sufriu.

Segundo o seu relato, o día dos feitos, a primeira hora da mañá, escoitou como o acusado, veciño seu, berraba "voute matar" dirixíndose ao seu home.

Saíu correndo cara ao lugar e viu o acusado acoitelando o seu marido, que morreu case ao instante. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade