Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Policía Local de Lugo sorprende un septuaxenario roubando gasóleo dun camión

A Policía Local de Lugo sorprende un septuaxenario roubando gasóleo dun camión

Comisáronlle as garrafas e denunciárono por intento de subtracción e danos no vehículo

Félix Aragunde 14/02/2023 13:13 Última actualización 14/02/2023 13:21

Un septuaxenario foi sorprendido en flagrante cando, presuntamente, estaba a roubar o gasóleo do depósito dun camión estacionado na rúa Hortensia, no barrio lugués de Garabolos.

Foron os veciños da zona que o viron pola noite cunha mangueira na man e en actitude vixiante os que deron aviso á Policía Local. Daquela, os axentes acudiron ao lugar e atoparon o home agachado detrás dun turismo, con luvas e desprendendo un cheiro intenso a carburante.

Os gardas viron forzado o tapón do depósito do camión e arredor media ducia de garrafas, gomas de plástico e ferramentas, que foron intervidas. Ao presunto autor dos feitos impútanlle os delitos de danos e de intento de roubo.

O caso chamou a atención da veciñanza. Non só polas circunstancias do intento de roubo, senón tamén pola idade avanzada do presunto ladrón.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade