Publicador de contidos
Publicador de contidos

A policía identifica en Lugo un home que facía fotos ás partes íntimas das mulleres

A policía identifica en Lugo un home que facía fotos ás partes íntimas das mulleres

Interviñeron o seu teléfono, que foi remitido ao xulgado para analizar o seu contido

G24.gal 30/06/2023 12:56

Identificado un home que facía fotos ás partes íntimas das mulleres co seu teléfono móbil, sen que as afectadas fosen conscientes deste feito.

O home, de 42 anos e orixinario da Coruña, foi sorprendido tomando as imaxes na vía pública por unha patrulla da Policía Nacional de Lugo que realizaba labores de vixilancia e prevención durante a fin de semana do Arde Lucus.

Os axentes interviñeron o seu teléfono, que foi remitido ao xulgado de garda da capital para analizar o seu contido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade