A xuíza deixa en liberdade a moza detida por acoitelar un menor en Ribeira
A xuíza deixa en liberdade a moza detida por acoitelar un menor en Ribeira
O outro detido é un menor de 17 anos
A xuíza do Xulgado de Instrución número 3 de Ribeira decretou a posta en liberdade da muller de 18 anos acusada de acoitelar un menor nas festas de Palmeira, un caso en que tamén está investigado outro menor, de 17 anos. Á muller atribúeselle un delito de lesións.
Segundo detallaron fontes da investigación, o suceso produciuse na madrugada deste domingo, cando, no transcurso dunha pelexa entre varios mozos, un menor quedou ferido por arma branca no abdome e nunha perna.
O ferido, tal e como detallaron estas mesmas fontes, foi trasladado ata o Hospital do Barbanza polos axentes da Policía Local, xa que a ambulancia viña de Boiro e o tempo de asistencia era máis prolongado.
A detención dos presuntos autores foi efectuada por axentes da Policía Nacional e da Local, con todo, só a muller pasou a disposición xudicial, dado que o outro investigado é menor de idade.