Publicador de contidos
Publicador de contidos

Allariz enxalza o boi de raza limiá ata o vindeiro 12 de outubro

Allariz enxalza o boi de raza limiá ata o vindeiro 12 de outubro

Celebra a XI edición das xornadas gastronómicas dedicadas a esta carne

Participan 23 locais e teñen previsto despachar 1.500 quilos de produto

G24.gal 02/10/2022 14:49 Última actualización 02/10/2022 17:50

costeleta de boi é o corte máis popular desta carne e tamén o que máis demanda ten, pero nas Xornadas da Carne de Boi de Allariz comprobamos que hai moitas outras opcións.

"O costeleteiro, a picaña de boi, na cadeira, a rabilla, que está na parte interior da perna, e o solombo é o que traballamos nós", ensínanos Carlos José, chef do restaurante da casa rural de Vilaboa.

Tamén é unha carne que admite múltiples elaboracións, desde a prancha ou a grella a, por exemplo, unhas albóndegas de carne de boi.

"A típica albóndega das avoas: carne picada con allo e pirixel e coa salsa de tomate caseira, con tomates da casa", explica Carlos.

Unha vintena de locais

Nas xornadas participan 23 locais con cadansúa proposta. No Petiscos repiten coas empanadillas polo bo resultado que lles deron en edicións anteriores.

"Todos os ingredientes naturais: cebola, pemento, e a carne do boi. Hai que guisala bastante, leva tempo de cociñado", comenta María Xosé, a cociñeira.

As xornadas, que van pola undécima edición, naceron para dar a coñecer os bois de raza limiá que crían aquí mesmo.

"A cuestión é que a xente que queira comer carne de boi de calidade, que veña a Allariz a comela. É o mellor sitio en Galicia e, probablemente en parte do estado, carne de moi alta calidade, producida de xeito local e a prezos xustos e razoables", explica Xosé Manuel Romero, xerente da distribuidora de carne de boi de Allariz.

As xornadas durarán ata o 12 de outubro e van despachar uns 1.500 quilos, entre catro e cinco bois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade