Volve a normalidade aos edificios xudiciais de Santiago tras a falsa ameaza de bomba
Volve a normalidade aos edificios xudiciais de Santiago tras a falsa ameaza de bomba
Os Tedax non acharon nada sospeitoso nos edificios das Fontiñas nin na Cidade da Cultura, onde se celebra o xuízo do Alvia
Finalmente todo quedou nun susto. Os técnicos especialistas en desactivación de artefactos explosivos (Tedax) inspeccionaron esta tarde os edificios xudiciais tras unha ameaza de bomba sen acharen nada sospeitoso.
Despois de desaloxar os edificios xudiciais de Santiago -entre eles, a Cidade da Cultura, que durante nove meses acolle o xuízo do Alvia-, a Policía volveu a permitir o acceso aos mesmos tras comprobar que se trataba dunha ameaza falsa.
Nin na Cidade da Cultura nin no edificio xudicial situado en Fontiñas, onde se rexistrou a alerta inicial, se detectou ningún artefacto explosivo polo que a Policía autorizou a volta á normalidade.
Así mesmo, na Cidade da Cultura tamén se retomou a vacinación da segunda dose de reforzo que, precisamente, se iniciou este venres, no Gaiás, para os maiores de 85 anos.