Ana Pontón pídelle ao Ministerio unha defensa clara da pesca galega
Ana Pontón pídelle ao Ministerio unha defensa clara da pesca galega
Critica que nin o Goberno nin a Xunta de Galicia fagan os deberes para evitar unha normativa que leva fraguando desde hai anos e que entra en vigor dentro de 3 días
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediulle este venres ao ministerio de Pesca “menos cerimonia da confusión” e “máis defensa clara e rotunda da pesca no noso país”, ante o veto á pesca de fondo.
“Aínda non sabemos cando se vai a presentar o recurso. Non sabemos por que non se reclama unha moratoria e tampouco sabemos se se vai a solicitar unha suspensión cautelar da prohibición", dixo Pontón.
“Estamos a tres días de que entre en vigor” unha prohibición que “vai poñer en risco o traballo de 200 barcos”, cuxa actividade supón “centos de postos de traballo” nun sector “fundamental” para a economía galega, engadiu.
O BNG esixe que se solicite a moratoria para suspender preventivamente a aplicación do veto que entra en vigor en tres días.
Critica que nin o Goberno nin a Xunta de Galicia fagan os deberes para evitar unha normativa que leva fraguando desde hai anos”.
Ademais, avisa do impacto que suporá “retirar do mercado toneladas de peixe fresco nun momento no que os prezos están descontrolados”, porque se trata "dun produto básico na alimentación das familias”.