Anécdotas na praza de abastos: "Pedíronme catro berberechos para unha paella de 12"
Anécdotas na praza de abastos: "Pedíronme catro berberechos para unha paella de 12"
A calidade do marisco é ben coñecida, pero aos visitantes fascínaos aínda máis a variedade e a frescura
Cámara en man, así chegan os turistas á Praza de Abastos da Coruña. Porque nela, case todo chama a súa atención.
"En Mallorca, o peixe xa non é tan abundante", comenta un turista.
O marisco é a estrela para aqueles que nos visitan. "O que lles chama a atención é que se mova, aínda que veñan xa 20 anos", explica unha peixeira. Iso si, "os ingleses non saben comer, porque comen casca e todo", engade.
Por iso en ocasións o mellor é levar de volta á casa un recordo feito co produto galego, aínda que ás veces tamén poida levar á confusión. "Unha vez déulle por morder o percebe e case lle cae o dente que tiña postizo" conta unha traballadora da praza.
E anécdotas coma estas hai moitas: a outra peixeira pedíronlle catro berberechos para unha paella de 12. E outros colleron a zamburiña pensando que sería unha ostra.
Nestes meses os mercados transfórmanse e pasan a ser lugares que deixan un bo sabor de boca entre os turistas que nos visitan.