Sae á luz material inédito da investigación do caso Déborah Fernández
Sae á luz material inédito da investigación do caso Déborah Fernández
Localizouse durante unhas obras no complexo policial de Canillas
A familia vai reclamar que se depuren responsabilidades
Novo xiro no caso Déborah Fernández. Vinte anos despois da súa desaparición e morte, o último oficio da Policía Nacional encargada da investigación apunta que, tras unhas obras nas súas instalacións de Canillas, apareceu un material descoñecido ata a data e que estaría relacionado co caso.
Segundo informou a familia, ademais de documentación, os axentes atoparon un teléfono móbil, cintas de vídeo, fotografías e oficios policiais.
Os avogados da familia van pedir que se depuren responsabilidades e pregunta como se puido ter oculto o teléfono tantos anos. Non descartan presentar reclamacións xudiciais, ante uns feitos que consideran indignantes.