Publicador de contidos
Publicador de contidos

As discotecas incendiadas en Murcia carecían de licencia e tiñan orden de peche desde 2022

As discotecas incendiadas en Murcia carecían de licencia e tiñan orden de peche desde 2022

A persoa que aínda estaba desaparecida foi localizada con vida este luns

O suceso deixa 13 vítimas mortais

A policía científica comeza a investigación

Un bombeiro na porta da discoteca La Fonda de Murcia (EFE/Marcial Guillén)
G24.gal 02/10/2023 13:08 Última actualización 02/10/2023 20:49

As discotecas Fonda Milagros e Teatre incendiadas na madrugada deste domingo en Murcia non tiñan licenza municipal e sobre elas había unha orde de cesamento de actividade desde xaneiro de 2022.

O concelleiro socialista Andrés Guerrero, que ocupou a concellería de urbanismo a pasada lexislatura, e o actual tenente de alcalde de Planificación Urbanística, Huerta e Medio Ambiente, Antonio Navarro, do PP, informaron deste extremo nunha rolda de prensa conxunta, na que detallaron que, administrativamente, ambas as discotecas eran un só local: Teatre S.L.

Navarro explicou que a nivel administrativo Teatre S.L. obtivo licenza de apertura en decembro de 2008. En xuño de 2019 esta sociedade solicitou dividir o locais en dous, Teatre e a Fonda Milagros. Dende o consistorio confirman que en xaneiro de 2022 se ditou unha orde de cesamento de actividade por entender que a modificación do local requiría dunha nova licenza. En marzo dese mesmo ano presentouse un proxecto de legalización cuxa tramitación aínda non concluíu a día de hoxe.

Minuto de silencio na comunidade de Murcia. (EFE/Marcial Guillén) Minuto de silencio na comunidade de Murcia. (EFE/Marcial Guillén)

Pola súa banda, Andrés Guerrero dixo que  "a única responsable é a empresa, que a pesar das comunicacións efectuadas para pechar os locais fixo caso omiso". O Concello vaise personar como acusación particular no procedemento xudicial. 

O empresario da discoteca La Fonda Milagros, tiña, segundo o seu avogado,  un contrato de arrendamento con Teatre S.L. e descoñecía que traballaran sen licenza. Sobre a licenza tamén se pronunciou a voceira doutra das salas afectadas, Teatre, e afirmou que esta discoteca si tiña os permisos en regra. 

 

O último desaparecido, localizado con vida

A persoa que aínda estaba desaparecida foi localizada con vida. Os seus familiares lograron contactar con ela e confirmar que se atopaba ben. O suceso deixa en total 13 vítimas mortais. 

O delegado do Goberno en Murcia informou de que non existen máis cadáveres na zona sinistrada. Despois de 36 horas de traballo ininterrompido, os bombeiros dan por rematado o seu traballo.

 

A científica empeza o seu traballo

A unidade científica da Policía Nacional comezou a última hora da tarde deste luns os traballos de inspección, toma de mostras e recompilación de probas no interior das discotecas para tratar de  esclarecer as causas da traxedia.

A científica chegou tras a retirada dos bombeiros que empregaron as últimas horas en asegurar o espazo e reforzar as estruturas para preservar a súa seguridade dos investigadores.

Continúan os labores de identificación

O ministro do Interior en funcións, Fernando Grande-Marlaska, explicou este luns que "hai problemas de identificación" dos falecidos e dixo que a prioridade é lograr identificalos para "xerar esa mínima paz aos seus familiares".

Segundo indicou o delegado do Goberno de Murcia, os labores de identificación dos falecidos continúan porque se necesita que os corpos estean completos e nalgúns casos apareceron só extremidades. Jiménez pediu paciencia na identificación dos cadáveres "porque están moi calcinados" e asegurou que se atopan en Murcia "os mellores expertos da Policía Nacional tanto en identificación de corpos como en incendios".

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade