Publicador de contidos
Publicador de contidos

As probas de carga para instalar o guindastre sobre a ponte de Cerdedo serán este martes

As probas de carga para instalar o guindastre sobre a ponte de Cerdedo serán este martes

O alto caudal do río Lérez por mor da intensa chuvia destes días podería atrasar esta tarefa

A recuperación do autobús e o tacógrafo achegará máis datos sobre as causas do accidente

O mal tempo influíu no sinistro, pero non se desbotan outros factores

Os servizos de rescate prepararon o terreo para poder levantar o autobús desde o viaduto
G24.gal 26/12/2022 19:04 Última actualización 26/12/2022 21:18

Unha vez finalizadas as tarefas de rescate das vítimas do accidente do autobús en Cercedo-Cotobade, os traballos na zona céntranse na recuperación do vehículo do río, para o que será necesario a instalación dun guindastre. 

O primeiro paso será a medición da capacidade de resistencia da ponte para o que van realizar unhas probas de carga da infraestrutura este martes. Esta información servirá de base aos expertos para elexir onde ubicar o guindastre encargado de levantar o autobús ata a ponte.

A operación vaise iniciar este martes a primeira hora e farase cun guindastre de gran tonelaxe. Segundo comentou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, antes se farán as probas de carga no viaducto para garantir que aguanta o peso combinado do guindastre, o autobús e a presión da auga.

A prioridade dos técnicos é levantar o vehículo nunha peza. O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, comenta que tamén se está estudando a posibilidade de partilo para que o peso da carga sexa menor. 

Os servizos de urxencias cortaron árbores e prepararon o terreo para facilitar a recuperación do autobús. Prevese que o caudal do río baixe nas próximas horas e facilite un traballo que non vai ser nada sinxelo, se ben as predicións meteorolóxicas apuntan a unha tregua das precipitacións ata a tarde do mércores.

Un guindastre de gran tonelaxe izará o autobús Un guindastre de gran tonelaxe izará o autobús

Superada a fase do rescate dos feridos e dos corpos chega o momento da investigación: saber as causas que provocaron o accidente. O Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, non desbotou ningunha hipótese e confirmou a participación dun grupo especial da Garda Civil na investigación

Miñones falou da influencia do mal tempo, pero dixo que os técnicos agardan o izado do autobús. Agárdase que a recuperación do autobús poida botar luz sobre as causas do accidente. Trátase dun vehículo de 6 anos de antigüidade que realizaba a liña Lugo-Vigo para a compañía Monbus. 

Segundo confirmou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, aínda non foi analizada a información do tacógrafo do autobús. O condutor foi un dos superviventes e deu negativo nas probas de alcol e drogas.

Na investigación tamén será determinante a declaración do condutor. Se fose necesario, os técnicos barallan facer unha reconstrución do sinistro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade