Publicador de contidos
Publicador de contidos

Asaltan unhas torres de telefonía en Bergondo, dentro da vaga de roubos en vivendas e negocios

Asaltan unhas torres de telefonía en Bergondo, dentro da vaga de roubos en vivendas e negocios

Os danos na torre superan os 18.000 euros, e súmanse aos roubos de maquinaria e mesmo carne nas casas

A veciñanza ten identificado un dos responsables porque puxo mercadoría á venda nunha coñecida plataforma de Internet

G24.gal 31/10/2024 14:23

Falan de costas, porque teñen medo. Tanto os afectados aos que lles entraron na casa coma aos que non.

"Síntome na miña casa eu teño medo porque a min entráronme nun lateral, pero hai outras persoas ás que si lles entraron na vivenda con eles dentro".

"Atopeime algunha vez cunha das persoas que están implicadas e cando me pasa por diante da casa dáme un pouco de medo. Cando o vexo pasar por diante da miña casa, aviso: 'Tede conta'".

Esta veciña é vítima reincidente. A primeira vez faltoulle un martelo eléctrico. Haberá dous ou tres anos. A sorpresa foi cando o viron á venda en Internet. E a segunda sorpresa...

"A segunda, que aparecera tan cerca da casa. Foi decepcionante e triste", explica unha das afectadas.

Denunciaron, sen éxito, e aquilo que puido ser unha anécdota agora repítese. Hai uns meses volvéronlles entrar, a eles e a máis de media ducia de veciños. Leváronlles maquinaria de xardín e mesmo carne do conxelador. Non recuperaron nada, pero a súa experiencia valeulle a un veciño e asaltador e asaltado puxéronse cara. 

"A ferramenta estaba en Wallapop".

"Tomou contacto coa persoa que o vendía e resulta que era un veciño", conta unha veciña.

Máis alá das perdas materiais, está o medo e a inseguridade de sentirse vulnerables na súa propia casa, vivendas unifamiliares repartidas en varias aldeas.
 

"O que ten alarma, ten alarma. O que non, ten can".

"Eu a chave non é que a pase de noite, senón que estou dentro e péchome con chave se estou soa". 

A veciñanza quere organizar unha recollida de firmas para pedir máis seguridade. Mentres, pechan contras, contratan alarmas e confían nos ladridos do can. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade