Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sen rastro do mozo británico desaparecido en Tenerife logo dunha nova batida

Sen rastro do mozo británico desaparecido en Tenerife logo dunha nova batida

Helicópteros, drons e cans adestrados buscaron a Jay Slater, de 19 anos, que desapareceu hai 12 días

Estaba de vacacións na illa cuns amigos para acudir a un festival de música

G24.gal 29/06/2024 19:59

Cando fai doce días da desaparición de Jay Slater, un turista británico de 19 anos, a Garda Civil organizou un dispositivo de busca minucioso toda a xornada do sábado. O punto de partida é Masca, unha zona famosa polos seus barrancos.

"Necesitamos ir descartando zonas e estar seguros de que as zonas quedan ben miradas. Vaise facer en base aos indicios que temos: a súa última posición, as conversacións que mantivo o último día".

O mozo chegou a Tenerife cuns amigos de vacacións. O último que se soubo é que ía a unha casa con dous homes aos que acababa de coñecer. Chamou a unha amiga para dicirlle que estaba perdido e logo o seu teléfono apagouse.

"Sabemos a ciencia certa que el estivo porque a cobertura do seu móbil o sitúa neste punto. Pero temos a dificultade de que, unha vez apagado o móbil, as antenas deixan de rexistralo. Mentres camiñe co teléfono apagado, ningunha antena o vai recoller".

Para este rastrexo, a Garda Civil solicitou a colaboración das asociacións de voluntarios de Protección Civil e bombeiros que coñezan ben a zona.

"Aquí estou, a ver se podemos dar con el. Por iso trouxen un dos mellores cans".

A pesar de contar coa axuda dun helicóptero, drons e cans especializados, ata agora a súa busca non deu resultado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade