Publicador de contidos
Publicador de contidos

Buscan o home que atracou un banco en Meis armado cunha pistola

Buscan o home que atracou un banco en Meis armado cunha pistola

O roubo produciuse este mediodía na oficina de Mosteiro

O home ía coa cara tapada, cunha gorra e con lentes de sol

G24.gal 05/05/2022 19:14 Última actualización 05/05/2022 19:43

Un home armado cunha pistola atracou este mediodía unha sucursal do Banco Santander en Meis, Pontevedra. O atracador ia coa cara tapada, cunha gorra e lentes de sol.

O individuo entrou na oficina bancaria de Mosteiro arredor do mediodia. Alí ameazou ao empregado para que lle entregase a recadación. Tras facerse co diñeiro fuxiu a pé do lugar, aínda que os investigadores sospeitan que podería haber unha segunda persoa esperándoo fóra co coche.

Por agora, tampouco se determinou se a arma de fogo que levaba o atracador era real ou simulada, xa que as testemuñas non puideron aclaralo.

A Garda Civil estableceu controis de estrada nas inmediacións da sucursal atracada e investiga tamén as cámaras de seguridade do banco. Ademais, recolleron probas no interior da sucursal, entre elas diversas pegadas, coas que confían identificar o autor do asalto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade