Cans de caza atacan as ovellas en Nogueira de Ramuín
Cans de caza atacan as ovellas en Nogueira de Ramuín
Os veciños piden máis vixilancia da Garda Civil e responsabilidade aos cazadores
Unha ovella perdeu un ollo nos ataques e ten trabadas as costas
Foi no lugar de Requeixo, en Nogueira de Ramuín, onde se produciu o ataque. Os cans de caza saltaron o valado sen dificultade e acosaron unha das ovellas. Por sorte, o propietario viu o que sucedía e puido evitar que a ovella acabase morta. Con todo, ten trabadas nas costas e perdeu un ollo. Ademais, parece pouco probable que sobrevivan os tres años que está a piques de parir. O resto do rabaño padece estrés e non quere saír a pacer no prado.
Dámaso, o dono das ovellas, asegura que eran cans de caza e que non é a primeira vez que sucede. Segundo di, os cazadores deixan os cans soltos no monte entre xornada e xornada de caza para non pasar o traballo de recollelos. Lamenta que os donos dos cans que feriron a súa ovella non viñesen a falar con el e a facerse cargo dos gastos veterinarios. E sinala que a Garda Civil tampouco pode facer nada nestes casos por non ser fauna salvaxe nin estaren localizados os donos dos cans.
Os veciños de Requeixo din que nesta zona rara vez ataca o lobo, pero que esa vantaxe se ve inutilizada pola desidia dos donos dos cans de caza.