Publicador de contidos
Publicador de contidos

Identificados os trece falecidos no incendio das discotecas de Murcia

Identificados os trece falecidos no incendio das discotecas de Murcia

A Policía Científica traballa na investigación das causas do lume 

Continúa o cruzamento de acusacións entre o concello e empresarios sobre a licenza de actividade

G24.gal 04/10/2023 14:58 Última actualización 04/10/2023 19:58

A Policía Científica segue reunindo probas no interior das discotecas calcinadas. Das testemuñas do incendio que comezaron a declarar ante o grupo de homicidios transcendeu que varios viron lapas no teito e nos condutos do aire acondicionado. 

Os traballos para poñerlles nome aos sete falecidos remataron. Seis dos cadáveres foron identificados por pegadas dactilares e as outras sete víctimas a través do ADN. Entre os falecidos hai cinco cidadáns ecuatorianos, un deles con dobre nacionalidade; outros cinco nicaragüenses e tres orixinarios de Colombia. 

As autopsias van ser claves na investigación xudicial aberta por 13 delitos de homicidio involuntario. O catedrático de Medicina Legal e Forense da Universidade de Murcia Aurelio Luna explica que axudarán a "saber se faleceron no incendio polo efecto das lapas, se faleceron polos gases tóxicos... O normal é que en dous ou tres meses estea resolta a causa da morte exacta".

O cruzamento de acusacións entre Concello e empresarios sobre a licenza de actividade segue.

Francisco Javier Verdúa, o avogado da Fonda Milagros, asegura que "a orde de cesamento non se comunicou ao noso cliente. Hai que notificalo. E se hai problemas de notificación, hai que precintar".

A sala Teatre superou unha inspección dos servizos sanitarios municipais en marzo. O Concello di que formaba parte da regularización que pedira despois de dividir a nave industrial en dous locais distintos dos dous que arderon o domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade