Comisados 16,3 quilos de centola capturados en Laxe en plena veda
Comisados 16,3 quilos de centola capturados en Laxe en plena veda
Entre outros delitos, acúsanos de tenza e almacenamento de produtos da pesca sen datos de rastrexabilidade ou identificación, e desconectar reiteradamente os sistemas obrigatorios de sinalización do barco
A Garda Civil comisou 16,3 quilos de centola capturados no porto de Laxe en plena veda da especie.
Varios axentes do Servizo Marítimo Provincial observaron como se descargaban dun barco pesqueiro atracado no porto varias caixas de plástico con capturas a unha furgoneta e unha esporta negra de plástico foi directamente ao maleteiro dun turismo.
Ante o inusual da manobra, os axentes solicitaron ao patrón da embarcación ver o descargado e comprobaron que este transportaba exemplares de centola, especie en veda actualmente, que deron un peso de 16,3 quilogramos, dos cales 2 quilos eran de exemplares ovados, que carecían de documentación que amparase a súa rastrexabilidade.
A Garda Civil procedeu á incautación da centola atopada e á confección das correspondentes denuncias por supostas infraccións á Lei de pesca de Galicia, por teneza e almacenamento de produtos da pesca sen datos de rastrexabilidade ou identificación; captura tenza e desembarque de especies en veda; captura tenza e desembarque de especies ovadas, e á Lei de Portos do Estado e a Mariña Mercante por conectar e desconectar reiteradamente os sistemas obrigatorios de sinalización do barco.
As centolas comisadas estaban vivas, así que foron devoltas ao mar.