Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Garda Civil sospeita que hai persoas implicadas na desaparición de Enrique Bolívar

A Garda Civil sospeita que hai persoas implicadas na desaparición de Enrique Bolívar

Decretado o segredo de sumario no caso do octoxenario desaparecido en Abadín hai xa 20 días

A única pista que deixou o desaparecido foi un bastón roto, co que deron xunto aos restos dun vehículo

Félix Aragunde 22/09/2023 13:41

De Enrique Bolívar Díaz Pardo, o octoxenario de Abadín desaparecido, non se sabe nada dende o pasado día dous. Buscárono por todos os recunchos nos arredores da súa vivenda, na parroquia de Quende, pero foi en van.

Case tres semanas despois, o caso tomou un novo cariz e o Xulgado de Mondoñedo decretou o segredo de sumario. A consecuencia da coincidencia dun coche incendiado ao mesmo tempo en Ribadeo, a Garda Civil sospeita que a ausencia do ancián non foi casual.

Eduardo Díaz González, curmán do desaparecido: "Un coche tívoo que levar, porque se non non tiña que desaparecer. Era un home que andaba pouco. El ía dunha casa a pouca distancia para a casa del".

Como consecuencia do xiro que deu o caso, a desconfianza reina agora entre os veciños e familiares do desaparecido. Por precaución ou por medo, xa ninguén ousa saír pasear en solitario polos arredores do lugar da Fontepresa.

Eduardo Díaz González, curmán do desaparecido: "Todo o mundo desconfía. Sucedeulle ese día a el e mañá pásalle a outro".

A única pista que deixou o desaparecido foi un bastón roto, co que deron xunto aos restos dun vehículo. Barállase, polo tanto, a hipótese de que o ancián puidese ser atropelado, pero o certo é que polo momento todo son incógnitas arredor do caso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade