Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen en Valencia un dos maiores estafadores europeos de criptomoedas

Deteñen en Valencia un dos maiores estafadores europeos de criptomoedas

Bloqueáronlle un patrimonio superior a 2,5 millóns de euros

Ofrecía unha rendibilidade mínima semanal do 2,5 %

G24.gal 02/01/2022 11:41

Axentes da Garda Civil detiveron en Valencia un dos maiores estafadores con falsos investimentos en criptomoedas de Europa. É un home de 45 anos, portugués, e lograron bloquearlle un patrimonio superior aos 2,5 millóns de euros.

Impútanlle sete delitos de estafa e branqueo de cartos por crear unha suposta plataforma de investimentos en criptomoedas nunha páxina web, que daba a coñecer en distintos foros, programas de radio, eventos deportivos e mesmo en movementos benéficos, para captar a atención e o investimento de moitas persoas en España e Portugal.

As investigacións comezaron en agosto tras terse coñecemento de movementos económicos irregulares. A plataforma ofrecía rendibilidades mínimas do 2,5 % aos investidores en función das cantidades que achegaban. Traballaban cun esquema para que os que puxesen cartos puidesen atraer outras persoas interesadas.

Tratan de enganar os prexudicados, que cren que as ganancias obtidas son dunha actividade legal, se ben os fondos teñen orixe noutros investidores enganados.

Así, o investimento en criptomoedas era un éxito, polo que as vítimas investían máis cartos e lograban captar máis xente.

O detido delinquiu en España, Luxemburgo, Suíza e Portugal e mantiña un alto nivel de vida. Tras rexistraren o seu domicilio, a sede social da empresa e un taller onde agochaba parte dos bens, os axentes comisaron unha vintena de coches de alta gama.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade