Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un home acusado de roubos en coches no encoro de Cachamuíña

Deteñen un home acusado de roubos en coches no encoro de Cachamuíña

A Garda Civil prendeuno cando ía romper o vidro dun vehículo aparcado

Vehículos aparcados a carón do encoro de Cachamuiña Vehículos aparcados a carón do encoro de Cachamuiña
G24.gal 05/04/2022 12:13

A Garda Civil detivo un home de 38 anos no Pereiro de Aguirar acusado de varios roubos en vehículos estacionados na zona do encoro de Cachamuíña. Prendérono xusto cando estaba a piques de asaltar un vehículo.

Impútanlle polo menos 9 roubos no interior de coches aparcados ao carón deste encoro, unha zona de esparexemento moi preto da cidade de Ourense, onde acode moita xente para pasear ou facer exercicio e deixan os seus coches estacionados en áreas de descanso.

Os roubos comezaron a rexistrarse no mes de febreiro. As forzas de seguridade incrementaron a vixilancia na zona ata que colleron na allada o presunto autor, xusto cando ía romper a fiestra dun vehículo.

O seu modus operandi era sempre o mesmo, aproveitaba que os coches estaban baleiros para rachar un dos cristais e marchar con carteiras, lentes de sol ou outras pertenzas que houbera no interior. O detido é un home de 38 anos, veciño de Xunqueira de Espanedo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade